obradoiro
artesán
de creación
téxtil
feito a man na galiza COMPRA AGORA
Pezas
únicas feitas a man
COMPRA AGORA

"non teñas nada na casa que non penses que é útil ou é fermoso"

William Morris

produccións limitadas e sustentabeis con materias de calidade

ola!

 

chámome Io morales sánchez e son unha deseñadora e artesá téxtil.

no 2006 remato os meus estudos de artes aplicadas á escultura na escola de artes e oficios, Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. por aquel momento descubro o arte téxtil  e fico tan apaixonada polo  traballo manual e en concreto do arte téxtil que decido continuar formándome
neste campo e convertilo na miña profesión. fundei un proxecto chamado actante dourada na que realizaba figuras de pequeno formato na técnica xaponesa de “amigurumi” cunha temática pop. co paso do tempo, os meus intereses e atencións artístico- culturais foron mudando e decidín virar de dirección cun novo proxecto “io”, que desenvolvo na actualidade, máis persoal onde o deseño e artesanía conviven coa etnoloxía galega e a tradición téxtil femenina.

ioblog