BRINCOS CHÍCHARO

Os brincos chícharo están inspirados na beleza dos obxectos cotiás e nos productos da terra.
Están realizados na técnica de stumpwork embroidery, bordado en relieve, a cal lle confire ese volume e ese parecido cun chícharo real.
materias: algodón, madeira e peche de prata de lei 925.
As medidas aprox. son 3cm x 1 cms.

 37,00 IVE incluído

Add to wishlist
Category:

Os brincos chícharo están inspirados na beleza dos obxectos cotiás e dos productos da terra. Na Galiza o chícharo é un dos alimentos que marcan a entrada no Verán. É habitual que a xente que ten terra os plante ou atopalos nas prazas de abastos e mercados coa súa vaiña, sendo típico darllos as crianzas para telos entretidos mentres os debullan. Outros nomes que recibe o chícharo son ervillas ou pericos.
Está realizado a man na técnica de stumpwork embroidery, bordado en relieve, a cal confire á peza un volume e unha feitura parecida ao dun chícharo real.
Os materiais son fío de algodón, madeira e enganche de prata de lei 925.
As medidas aprox. son 3 x 1 cms.
Esta peza parte das premisas dunha moda ética, sustentabel, artesán e de calidade