O broche chicharo está inspirado na beleza dos obxectos cotiás e do productos da terra. Na Galiza o chícharo é un dos alimentos que marcan a entrada no Verán. É habitual que a xente que ten terra os plante ou atopalos nas prazas de abastos e mercados coa súa vaiña, sendo típico darllos as crianzas para telos entretidos mentres os debullan. Outros nomes que recibe o chícharo son ervillas ou pericos.
Está realizado a man na técnica de stumpwork embroidery, bordado en relieve, a cal confire á peza un volume e unha feitura parecida ao dun chícharo real.
Os materiais son fío de algodón, madeira e enganche de prata de lei 925.
As medidas aprox. son 4,5 x 1,5 cms.
Esta peza parte das premisas dunha moda ética, sustentabel, artesán e de calidade
Esgotado
BROCHE CHÍCHARO
O broche chícharo está inspirado na beleza dos obxectos cotiás e nos productos da terra.
Está realizado na técnica de stumpwork embroidery, bordado en relieve, a cal lle confire á peza un volumen e unha feitura parecida a un chícharo real.
Os materiais son algodón, madeira e enganche de prata de lei 925.
A súas medidas aprox. son 4,5cm x 1,5 cm.
€ 27,00 IVE incluído
Esgotado