COXÍN ARASOLIS

O coxín arasolis está tricotado coas mans coa técnica de XXL knit en la merina artesá procedente do pastoreo tradicional peninsular. as cores brancas e marrón son as cores naturais da ovella merina.
O coxín arasolis está inspirado na tradición do Ara solis, altar situado en Fisterra adicado ao sol e a fertilidade.
Interior forrado con algodón con certificado Gots e la de ovella.

 61,00 IVE incluído

1 dispoñibles

Categoría:

O coxín arasolis está tricotado coas mans coa técnica de XXL knit directamente coa mecha da la. Esta la só está peiteada conservando o aspecto suave e esponxoso da la sen torcer.
O coxín arasolis está inspirado no mito do Ara solis, santuario prerromano adicado ao Sol e á fertilidade situado en Fisterra.
A la exterior é la merina artesá de orixe extremeña procedente da trashumancia tradicional e do pastoreo extensivo, de menor escala, máis sustentabel e ecolóxico. O interior está feito cun forro de algodón ecolóxico con certificado GOTS e recheo con la de ovella.
As cores brancas e marrón son as cores naturais da ovella merina, sendo a cor marrón propia da raza merina negra, endémica da peninsula ibérica case extinta e en proceso de recuperación na actualidade.
As medidas aprox. Son de 35 – 40cm de diámetro x 15cm de ancho.
Produto delicado, lavar en seco.
Esta peza parte das premisas dunha moda ética, sustentabel, artesán e de calidade.