Esgotado

GORRO MARUJA MALLO

O xersei Maruja Mallo está tricotado completamente a man na técnica de jacquard, cun deseño en chevron inspirado no téxtil tradicional galego e con detalles cromáticos bordados a man.

o nome do gorro é unha homenaxe a Maruja Mallo, pintora galega, considerada un referente da pintura das Vangardas do s. XX.

Este xersei forma parte da colección Maruja Mallo formada por un gorro, mitóns e unha gola a xogo.
Está feito en la de alta calidade, 50% baby llama & 50% merino.

Esta prenda parte das premisas dunha moda ética, sustentabel, artesán e de calidade.
Dispoñibel só baixo pedido. Tempo medio de elaboración de 2-3 semanas.

 55,00 IVE incluído

Esgotado

Categorías: ,

O xersei Maruja Mallo está tricotado completamente a man na técnica de jacquard, técnica de tricó consistente en traballar con varias cores á vez. O deseño de chevron ou zigzag está inspirado no tradición galega, que se pode atopar nos deseños de colchas e dos refaixos do téxtil tradicional. A maiores leva bordados pequenos puntiños de cor diseminados coma pinceladas dun cadro abstracto.

O nome do xersei é unha homenaxe a Maruja Mallo, artista e pintora galega nada en Viveiro e pertencente a xeración do 27, considerada ademáis un referente da pintura das Vangardas do s. XX xunto a artistas como Salvador Dalí ou André Breton.
O xersei Maruja Mallo está realizado nunha la de alta calidade: 50% babyllama e 50% merino en cores branco e negro e bordado coa mesma la en cores, laranxa, vermello, amarelo e azul.

Este xersei forma parte da colección “maruja mallo” formada por un gorro, mitóns e unha gola a xogo.
Dispoñibel tamén baixo pedido en calquera tamaño previo contacto por correo ou tlf. Prazo medio de feitura de 2-3 semanas.
Esta prenda parte das premisas dunha moda ética, sustentabel, artesán e de calidade.