Os mitóns Maruja Mallo están tricotados completamente a man na técnica de jacquard, técnica de tricó consistente en traballar con varias cores á vez. O deseño de chevron ou zigzag está inspirado no tradición galega, que se pode atopar nos deseños de colchas e dos refaixos do téxtil tradicional. A maiores leva bordados pequenos puntiños de cor diseminados coma pinceladas dun cadro abstracto.
O nome dos mitóns é unha homenaxe a Maruja Mallo, artista e pintora galega nada en Viveiro e pertencente a xeración do 27, considerada ademáis un referente da pintura das Vangardas do s. XX xunto a artistas como Salvador Dalí ou André Breton.
Os mitóns Maruja Mallo están realizados nunha la de alta calidade: 50% babyllama e 50% merino en cores branco e negro e bordado coa mesma la en cores, laranxa, vermello, amarelo e azul.
Estes mitóns forman parte da colección Maruja Mallo formada por un gorro,xersei e unha gola a xogo.
As súas medidas aprox. son: 10 cm de ancho x 12 de alto.
Esta prenda parte das premisas dunha moda ética, sustentabel, artesán e de calidade.
Esgotado
MITÓNS MARUJA MALLO
Os mitóns Maruja Mallo está tricotado completamente a man na técnica de jacquard, cun deseño en chevron inspirado no téxtil tradicional galego e con detalles cromáticos bordados a man.
o nome dos mitóns é unha homenaxe a Maruja Mallo, pintora galega, considerada un referente da pintura das Vangardas do s. XX.
Estes mitóns forman parte da colección Maruja Mallo formada por un gorro, xersei e unha gola a xogo.
Están feitos en la de alta calidade, 50% baby llama & 50% merino.
As súas medidas aprox. son: 10 cm de ancho x 12 de alto.
€ 59,00 IVE incluído
Esgotado