Xersei inspirado no deseño dos panais e nos deseños xeométricos que nos mostra a natureza. Alvariza é o nome que reciben os apiarios, conxunto de colmeas, na Galiza. Estas construcción teñen a peculiar forma de fortificacións circulares ao redor das colmeas para así protexer as colmeas. Na zona do Courel para protexerlas dos ursos pero tamén das inclemencias meteorolóxicas como sucede na zona de Dumbría, na costa da Morte.
Este xersei está tricotado en la merina artesá extremeña na cor propia da ovella. Esta la procede da recuperación da gandería e do pastoreo extensivo tradicional.
Este xersei está dispoñibel para compralo xa nas medidas detalladas ou baixo pedido, puidendo facerse en calquera medida ou tamaño. O prazo medio de confección é de 2-3 semanas dende a confirmación do pago.
As medidas do modelo dispoñibel equivalen a unha talla S-M, ancho do corpo 50 cm, longo 51 cm, ancho da manga 17 cm e longo 45 cm.
Esta prenda parte das premisas dunha moda ética, sustentabel, artesán e de calidade.
XERSEI ALVARIZA
O xersei alvariza está inspirado no deseño dos panais e nos deseños xeométricos da natureza. Recibe o nome dun apiario construido para albergar colmeas na Galiza.
Está tricotado a man en la merina artesá extremeña na cor natural da ovella. Esta la procede da recuperación da gandería e pastoreo extensivo tradicional.
€ 385,00 IVE incluído
1 dispoñibles