xersei en la merina do val de san lorenzo tricotado a man en cor verde auga e con aplique central de croché inspirado nas hexapétalas tradicionais.
as hexapétalas son símbolos solares ou flores de carácter protector de orixe incerta pero que se pode observar en case todo o continente europeo. na galiza pódense atopar en espadelas, en tellados de hórreos, cabeceiros de camas, fachadas de casas…
este xersei está dispoñible nunha talla s-m
medidas:
corpo:
dende áxila a áxila: 53cm.
dende a áxila á cintura: 34 cm.
dende o pescozo á cintura: 54cm.
manga:
ancho: 18 cm.
longo dende a áxila ao puño: 44cm.