Sobre min

Chámome Io Morales Sánchez e teño a sorte de adicarme a niña paixón: o téxtil.

Dende fai 4 anos traballo no meu propio Obradoiro téxtil especializado nas técnicas tradicionais de tricó, croché e bordado a man.

O meu amor polo téxtil xurde ao finalizar os estudos de escultura, embora pense que as veces é unha relación de toda unha vida que comeza de cativa coas mans da niña nai mostrándonos como facer un nobelo, como soster as agullas e o máis importante para min: como facer chaquetas para as barbies…unha cena certamente costumbrista, pero con banda sonora de Battiato.

io morales artesanía de Galicia obradoiro téxtil artesán

Chámome Io Morales Sánchez e teño a sorte de adicarme a niña paixón: o téxtil.

Dende fai 4 anos traballo no meu propio Obradoiro especializado nas técnicas tradicionais de tricó, croché e bordado a man.

O meu amor polo téxtil xurde ao finalizar os estudos de escultura, embora pense que as veces é unha relación de toda unha vida que comeza de cativa coas mans da niña nai mostrándonos como facer un nobelo, como soster as agullas e o máis importante para min: como facer chaquetas para as barbies…unha cena certamente costumbrista, pero con banda sonora de Battiato.

io morales artesanía de Galicia obradoiro téxtil artesán
Io Morales obradoiro textil artesanal tecido a man
Ío Morales obradoiro téxtil artesanal tecido
Artesanía de Galicia

Desta viaxe, con áncora doméstica, xurde este proxecto persoal enfocado á moda e ao sector dos complementos. A miña actividade principal xira ao redor das prendas de tricó, o seu deseño e confección.

Io, Obradoiro téxtil é un proxecto que pon en valor o cotián, que defende a artesanía e a etnoloxía galega a partir dun deseño máis minimalista e actual sen olvidar a tradición.