A gola Maruja Mallo está tricotada completamente a man na técnica de jacquard, técnica de tricó consistente en traballar con varias cores á vez. O deseño de chevron ou zigzag está inspirado no tradición galega, que se pode atopar nos deseños de colchas e dos refaixos do téxtil tradicional. A maiores leva bordados pequenos puntiños de cor diseminados coma pinceladas dun cadro abstracto.
O nome da gola é unha homenaxe a Maruja Mallo, artista e pintora galega nada en Viveiro e pertencente a xeración do 27, considerada ademáis un referente da pintura das Vangardas do s. XX xunto a artistas como Salvador Dalí ou André Breton.
A gola Maruja Mallo está realizado nunha la de alta calidade: 50% babyllama e 50% merino en cores branco e negro e bordado coa mesma la en cores, laranxa, vermello, amarelo e azul.
Esta gola forma parte da colección Maruja Mallo formada por un gorro, mitóns e un xersei a xogo.
As medidas aprox. son ancho 29 cm x 25 cm de alto.
Esta prenda parte das premisas dunha moda ética, sustentabel, artesán e de calidade.
Esgotado
GOLA MARUJA MALLO
A gola Maruja Mallo está tricotada completamente a man na técnica de jacquard, cun deseño en chevron inspirado no téxtil tradicional galego e con detalles cromáticos bordados a man.
O nome da gola é unha homenaxe a Maruja Mallo, pintora galega, considerada un referente da pintura das Vangardas do s. XX.
Esta gola forma parte da colección Maruja Mallo formada por un gorro, mitóns e unha gola a xogo.
Está feito en la de alta calidade, 50% baby llama & 50% merino.
As medidas aprox. son ancho 29 cm x 25 cm de alto.
€ 55,00 IVE incluído
Esgotado