O xersei Maruja Mallo está tricotado completamente a man na técnica de jacquard, técnica de tricó consistente en traballar con varias cores á vez. O deseño de chevron ou zigzag está inspirado no tradición galega, que se pode atopar nos deseños de colchas e dos refaixos do téxtil tradicional. A maiores leva bordados pequenos puntiños de cor diseminados coma pinceladas dun cadro abstracto.
O nome do xersei é unha homenaxe a Maruja Mallo, artista e pintora galega nada en Viveiro e pertencente a xeración do 27, considerada ademáis un referente da pintura das Vangardas do s. XX xunto a artistas como Salvador Dalí ou André Breton.
O xersei Maruja Mallo está realizado nunha la de alta calidade: 50% babyllama e 50% merino en cores branco e negro e bordado coa mesma la en cores, laranxa, vermello, amarelo e azul.
Este xersei forma parte da colección “maruja mallo” formada por un gorro, mitóns e unha gola a xogo.
Dispoñibel tamén baixo pedido en calquera tamaño previo contacto por correo ou tlf. Prazo medio de feitura de 2-3 semanas.
Esta prenda parte das premisas dunha moda ética, sustentabel, artesán e de calidade.